Membros individuais

Somos arredor de 600 persoas as que decidimos formar parte deste proxecto. Se te animas a asociarte contribuirás ao desenvolvemento da Ciencia Política e da Administración, ao fomento da investigación e o impulso da cooperación científica e profesional, a divulgar actividades científico-políticas, a garantir as oportunidades de participación nas actividades da asociación mediante programas de axudas e becas, así como a facer posible a publicación da Revista Española de Ciencia Política.

Beneficios

Participación na comunidade de politólogos/as

  • Participar na comunidade científica para compartir ideas e oportunidades para a carreira académica a través dos grupos permanentes
  • Participar no seminario de doutorado AECPA para aprender metodoloxías e coñecer profesorado referente
  • Oportunidade de presentarse aos premios AECPA nas súas cinco modalidades: monografía, capítulo de libro, artigo, tese doutoral, presentación de Congreso
  • Incorporación a unha base de datos de expertas/os en diferentes temas creada por AECPA
  • Posibilidade de uso de espazos para organizar seminarios e reunións

Acceso e difusión de información

Servizos de Difusión. Os/as socios/as poden beneficiarse do noso sistema de distribución de noticias (web, boletín e redes sociais) para:

  • Recibir o boletín de noticias
  • Difundir actividades que organicen
  • Difundir e recibir ofertas de emprego e becas
  • Dar a coñecer as súas publicacións e revistas

Innovación docente

  • Posibilidade de presentarse ao Premio AECPA á Innovación Docente
  • Acceso ao repositorio de proxectos de innovación docente

Participación en Congresos

  • Participación nos Congresos AECPA: posibilidade de organizar e coordinar grupos de traballo
  • Acceso ao paper room dos Congresos AECPA
  • Prezos reducidos nas inscricións aos Congresos AECPA e en aqueles organizados polas Asociacións de Ciencia Política integradas na European Confederation of Political Science Associations (ECPSA) e numerosas Asociacións de Ciencia Política de América Latina

Dereitos

As persoas asociadas, ao corrente de pagamento das cotas, teñen los dereitos seguintes:

  1. Asistir ás sesións da Asemblea Xeral, tomar parte nas súas deliberacións, e exercer nelas o seu dereito a voto
  2. Elixir e ser elixible para os cargos da Xunta Directiva
  3. Participar nas actividades da Asociación
  4. Facer chegar á Xunta Directiva, directamente ou por medio da Asemblea Xeral, cantas suxestión poidan contribuír ao mellor cumprimento dos fins sociais.

Cotas membros individuais

a) Socios/as estudantes de mestría 30 euros

b) Socios/as estudantes de doutorado, profesores xubilados/as e licenciados/as ou graduados/as en paro 50 euros

c) Socios/as sen contrato indefinido (axudantes, investigadores postdoutorais, eméritos/as, asociados/as) 70 euros

d) Socios/as con contrato indefinido, funcionarios e outros 100 euros

A asignación da cota faise automaticamente en función da categoría que reflicte o perfil da persoa asociada no momento de xirar o recibo. Nas categorías a, b e c solicítase confirmación da categoría anualmente.

Aplicarase cota de alta de inscrición (60 euros) para as categorías c e d.

En todo caso a cota de alta de inscrición cobrarase a quen queira darse de alta na Asociación tras ser previamente socios con cota c) ou d) e perder esta condición por deixar de aboar as cotas.

Login

¿Olvidaste la contraseña?