Que é o seminario de doutorado

O Seminario de doutorado, que organizan AECPA e a universidade (ou universidades) que o acollen cada año, ten por obxecto contribuír á formación é á proxección académica de estudantes de terceiro ciclo: axudarlles a definir ou fortalecer os seus proxectos de tese, ofrecer ferramentas para mellorar a calidade das súas investigacións doutorais e proporcionar información sobre elementos que favorezan a posterior publicación da tese, así como o desenvolvemento da súa carreira académica.

Durante os dous días do seminario, as/os estudantes cuxas propostas fosen seleccionadas para participar, exporán os seus proxectos de tese, recibirán comentarios polo persoal docente e o alumnado participante, e asistirán a conferencias relacionadas co desenvolvemento dunha tese e dunha carreira académica. Admitirase a un máximo de 12 estudantes de doutorado, preferentemente de primeiro e segundo ano, aos que se lles cubrirán os gastos de aloxamento e manutención durante a celebración do Seminario. O desprazamento correrá por conta do doutorando/a. Para máis información sobre o contido do seminario, os prazos, e o procedemento para enviar candidaturas, consultar a convocatoria en curso, as instrucións sobre como enviar a solicitude, e os seminarios anteriores.

 

Login

¿Olvidaste la contraseña?