Congreso Concepción Arenal 1820-2020. La justicia de la razón - 10 y 11 septiembre

CHAMADA PARA COMUNICACIÓNS. Prazo límite 15 de maio de 2020

Desde unha perspectiva interdisciplinar, o Congreso quere dar cabida a enfoques diversos —xurídicos, sociolóxicos, literarios, históricos, pedagóxicos, etc…— que estuden ben a figura da propia Concepción Arenal, ben aspectos da súa obra e actividades ou ben poñan en relación o seu papel con debates científicos sobre os ámbitos aos que ela dedicou a súa vida.

A propia figura de Concepción Arenal, a situación da muller, a incorporación das mulleres á vida pública e á educación, a mellora dos cárceres e do Dereito penitenciario, o papel da educación na mellora social, as condicións de vida das persoas máis desfavorecidas, o Dereito como ferramenta de cambio social, entre outros temas que foron obxecto da súa incesante actividade, poden ser obxecto de tratamento nos traballos que se acheguen a este Congreso.

Para iso o Congreso desenvolverá unha serie de sesións plenarias de carácter máis xeral que se combinarán con tres grandes eixos de estudo e posta en común. Abrirase unha convocatoria pública de expresións de interese co fin de configurar paneis de intervencións de primeiro nivel, coherentes e indicativas desa figura poliédrica que era Concepción Arenal: muller avanzada, xurista e renovadora dos cárceres, e benefactora e traballadora pola mellora social e a educación.

Datas previstas: 10-11 de setembro de 2020